A inserción laboral dos graduados universitarios é un tema innovador, pero dende o ámbito da Universidade non se abordara de xeito institucional ata datas moi recentes. A necesidade destes referentes a nivel nacional e internacional impulsaron a posta en marcha de estudios que permitan coñecer a situación real a que se enfrentan os universitarios.
Nesta investigación o universo obxecto de estudo son os graduados de todas as titulacións que se imparten na Universidade da Coruña, e nos campus de A Coruña e Ferrol e, dende o punto de vista temporal o análise comprende cinco cursos académicos (dende 1999/2000 ata 2003/2004). |