Archivos mensuales: marzo 2014

Reunión de coordinación do CRAI 8

Rectorado /Sala de Prensa do Reitorado da UDC

As universidades españolas medirán co mesmo barómetro a inserción laboral dos seus titulados facendo unha ferramenta común de análise, segundo se puxo de manifesto esta mañá na reunión de traballo que representantes universitarios teñen na Universidade da Coruña.

Os datos de medición da empregabilidade dos universitarios son moi útiles á hora de adecuar a formación universitaria aos requirimentos das empresas, como se vén facendo na UDC desde o ano 2004 en que se puxo en marcha o Observatorio Ocupacional, así como para impartir a formación extraacadémica que se considere necesaria para que os estudantes teñan unha maior acollida no mercado laboral, como cursos de orientación laboral, de elaboración de curriculum vitae, de preparación de entrevistas, entre outros.

O reitor, Xosé Luís Armesto, recibiu esta mañá aos representantes universitarios, xunto coa vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez.O proxecto do barómetro común a todas as universidades españolas está promovido pola Cátedra Unesco de Política Universitaria que preside Francisco Michavila, e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, CRUE, e co apoio da Fundación laCaixa.