Archivos mensuales: mayo 2014

Asinados convenios de Innovación + Cartografía

29mayoSala de prensa – Concello de A Coruña

O Concello de A Coruña e a Universidade da Coruña (UDC) asinaron onte dous convenios para impulsar a innovación no sector empresarial da cidade. Os acordos, suscritos polo alcalde, D. Carlos Negreira, e polo reitor D. Xosé Luis Armesto, suporán a posta en marcha, por parte do Observatorio Ocupacional da UDC, dun proxecto para fomentar a innovación nas empresas da cidade.

O primeiro dos acordos se traducirá nunha cartografía das empresas innovadoras de A Coruña e os polígonos situados na súa área de influencia. O alcalde destacou que o plan permitirá coñecer en detalle a situación de 2.500 firmas, incluíndo o seu grao de internacionalización e os productos e servizos que ofrecen.

O segundo acordo, anunciado xa hai uns meses, facilitará a inserción laboral dos novos titulados, que se integrarán nas empresas co obxectivo de facilitar a innovación e o desenrolo nos seus métodos de traballo.

Ambos acordos enmárcanse na liña de colaboración aberta entre ambas entidades dende o acordo marco que firmaron en 2013, e que posibilitou tamén a firma de outros convenios adicionais coa finalidade de mellorar os accesos ó campus universitario e poñer en marcha un programa de aloxamento compartido interxeracional.