Archivos mensuales: noviembre 2015

O Observatorio Ocupacional no FOCO 2015

foco_2015Hoxe celebrouse o Foro Colaborativo Polo Emprego no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, en Santiago de Compostela, coa participación de Carlos Pais Montes da Universidade da Coruña como ponente na mesa de traballo “Capital Humano e Cualificación”.

As temáticas tratadas fundamentalmente foron as novedosas metodoloxías de análise de Competencias Xenéricas que esta entidade aplica nos estudos nos que participa a nivel local, rexional, nacional e internacional, deténdose en especial nos métodos de análise factorial e de regresión loxística aplicados para a determinación de perfís de empregabilidade.

A Xornada se completou cunha dinámica de participación por parte dos perto de 60 asistentes, consistente na posta en común a través de autocolantes dos aspectos máis relevantes da ponencia.

Para conseguir copia da presentación, por favor, dirixir un correo ó Observatorio Ocupacional.