Presentada a Cartografía Empresarial

1442844922329_640_480_U_3215e846d0e9e9b1f14f964ef0d8dc6eO concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, anunciou hoxe que o Goberno local pon á disposición de toda a cidadanía, a través da web municipal, o Mapa de Innovación dos Recursos Empresariais (MIRE) elaborado polo Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña. Esta ferramenta “de dinamización empresarial”, segundo cualificou Lema, servirá para obter unha cartografía da innovación empresarial na Coruña e a súa área metropolitana, “que dará visibilidade á estrutura produtiva da cidade e o seu entorno”.  O edil sinalou que o  MIRE “dará soporte ao actual Plan de Emprego”, e que poderá ser usado tanto polo propio empresariado da cidade así como por aquelas veciñas e veciños  que están en situación de busca ou mellora de emprego, xa que a cartografía “incorporarase ao servizo de asesoramento empresarial do Concello e dos servizos públicos da área metropolitana”.

Este mapa da innovación empresarial ofrece información de 5.489 compañías cun marcado carácter tecnolóxico tanto da Coruña como dos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Así, esta aplicación, que tamén pode ser consultada dende dispositivos con sistema operativo Android, ofrece información xeolocalizada sobre a firma en cuestión, as persoas de contacto da mesma, a súa presenza en redes sociais, a súa situación actual e as súas perspectivas de futuro en canto a exportación e a importación, a súa actividade empresarial e o seu grao de innovación. “Cremos na necesidade de abrir á información á cidadanía, por iso facemos pública na nosa web este mapa da innovación, que vai dirixido tanto a empresariado, como a clientes, inversores potenciais, provedores, investigadores e demandantes de emprego. Ademais esta ferramenta viva, que se poderá actualizar no tempo, é unha fonte de información para a realización de estudos de mercado, e analizar as características do tecido empresarial da cidade e a área metropolitana, así coma o mercado existente e potencial da Coruña”, indicou Lema, que destacou que da mostra de 3.083 empresas radicadas no Concello que aparecen no MIRE, 2.231 teñen carácter de microempresas, 528 son de tamaño pequeno, 178 medianas e 41 grandes (estando 205 sen especificar).

A continuación se inclúe unha demo da utilización da aplicación:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


1 × siete =

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>